Ir arriba
Revista Liceo Franciscano
Búsqueda de artigos

Noticias e novidades

A biblioteca e o arquivo da Provincia Franciscana de Santiago no Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento

12/07/2017

A biblioteca e o arquivo da Provincia Franciscana de Santiago no Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento

Hoxe mércores día 12 de xullo de 2017 celebrouse na sede do Insituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, o seminario "O arquivo e a biblioteca Franciscana de Santiago", impartido polos técnicos Verónica Arán e Francisco J. Leira. Na charla mostrouse o patrimonio documental e bibliográfico co que conta a Provincia Franciscana de Santiago, da cal é Ministro Provincial, Fr. José Antonio Castiñeira. Na actualidade o arquivo está dirixido por Fr. Enrique Mourille e a biblioteca por Fr. Miguel de Mata. 

Dicir que a presenza da biblioteca e o arquivo da Provincia, neste seminario é un importante paso para dar visibilidad ao noso patrimonio e que poida ser consultado polos historiadores. Nese seminario participaron arquiveiros e bibliotecarios de institucións de toda España, desde o arquivo de Simancas ao Histórico Nacional. Dicir que o Instituto de Estudos Galegos "Padre Sarmiento" (IEGPS) foi creado en 1943 e é un centro de investigación do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Desde o ano 2000 é un centro compartido entre o CSIC e a Xunta de Galicia. Ao longo da segunda metade século pasado, o seu campo de actuación abarcou as distintas disciplinas humanísticas, con referencia sempre a Galicia, destacando o seu labor no desenvolvemento de proxectos de investigación, así como na promoción e dinamización cultural. Na actualidade, as súas actividades concéntranse no ámbito da Historia, desde a Idade Media á Contemporánea. No seminario participaron o seu director Dr. Eduardo J. Pardo de Guevara e Valdés ou o Dr. Isidro García Tato e presentou e moderou o debate o Dr. Pablo S. Otero Piñeyro Maseda.
A biblioteca e o arquivo da Provincia Franciscana de Santiago no Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento A biblioteca e o arquivo da Provincia Franciscana de Santiago no Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento A biblioteca e o arquivo da Provincia Franciscana de Santiago no Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento A biblioteca e o arquivo da Provincia Franciscana de Santiago no Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento A biblioteca e o arquivo da Provincia Franciscana de Santiago no Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento A biblioteca e o arquivo da Provincia Franciscana de Santiago no Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento A biblioteca e o arquivo da Provincia Franciscana de Santiago no Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento A biblioteca e o arquivo da Provincia Franciscana de Santiago no Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento A biblioteca e o arquivo da Provincia Franciscana de Santiago no Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento

Examinar revistas

Depósito Legal: C755-2003
ISSN: 0211-4011
e-ISSN: 2530-917X
CIRC: C

Visitar web
Editorial Eco Franciscano
Provincia Franciscana de Santiago

LICEO FRANCISCANO

Somos unha revista de estudos e investigación, de carácter semestral e fundada en 1930, cuxo obxectivo principal é divulgar investigacións no ámbito das ciencias humanas e relixiosas.

CONTACTO

  • Campillo de San Francisco, 3 - 15705 Santiago de Compostela (A Coruña)
  • Teléfono: (+34) 981 58 16 00 extensión 375
  • E-mail: contacto@liceofranciscano.es

Copyright © 2017 Liceo Franciscano - Todos os dereitos reservados | Privado - Política de protección de datos - Cookies  //  Web realizada por Ikono.es

As cookies permítennos ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, acéptase o uso que facemos das cookies. ACEPTAR  pulsar aqui para máis información.