Revísta
Liceo Franciscano, logo de 87 anos de historia ininterrumpida, comeza un nova etapa. Durante o seu 1ª época iniciada en 1930, foi unha publicación centrada en temas teolóxicos, filosóficos, histórico que tiñan o obxectivo de responder ás inquietudes dos estudantes de teologado da Provincia Franciscana de Santiago. En 1949, iníciase a súa 2º época, onde os artigos adquiriron unha profundidade intelectual relevante e empezaron a escribir grandes pensadores, historiadores, filósofos e estudiosos artigos académicos. Así se mantivo ata os anos 70 onde as monografías empezan a tomar corpo para especializarse nos temas históricos, en especial de historia franciscana, ata finais do século XX e principios do século XXI, da man do académico Josñe Garcñia Oro o Manuel de Castro. Agora no ano 2017, a partir do número 208, iníciase unha 3ª época, na que se manterá o espírito crítico, analítico, relixioso e humanista das épocas anteriores, aínda que con cambios importantes. A revista pasa de cuatrimestral a semestral e cunha temática máis aberta e variada.
Na revista terán cabida os temas relacionados coa historia franciscana, a historia de Galicia, os artigos filosóficos e teolóxicos, os pedagógicos, a arte, a actualidade relixiosa ou pastoral entre outros, como se pode comprobar neste primeiro número da 3ª época, pero sempre desde unha perspectiva crítica e renovadora
Así mesmo, será unha revista aberta a todos aqueles colaboradores que desexen compartir e dar a coñecer as súas investigacións, para que as publicacións da Provincia Franciscana de Santiago sigan sendo un plataforma de promoción da cultura galega e franciscana, cunha tradición que se remonta a finais do século XIX.
Os 12 artigos que configuran o presente número, así o manifestan, aínda que a temática máis abundante é a relacionada co franciscanismo e aspectos do mesmo. Para unha mellor identificación agrupámolos en catro apartados:
Historia, arte e patrimonio.
Juan M. Buján García escribe sobre o
Colexio de Pasantes de Alba de Tormes, centro imprescindible do século XVII á desamortización, na formación dos membros máis eminentes da Provincia de Santiago. A el acudía, mediante dura e competida oposición, a élite intelectual da Provincia.
Andrea Castro Miramontes achéganos co seu estudo
iconográfico da gótica Sala Capitular de San Francisco de Santiago aos vestixios máis antigos conservados do convento medieval.
Xusto Carnicero Méndez-Aguirre co seu artigo
achéganos á biografía do misionero jesuita Roque Lubián e á súa actividade realizada en Orinoquia e Meta, como cartógrafo e escritor.
Andrés Rodríguez Pazos remóntase á Alta Idade Media para mostrarnos a
orixe da monarquía astur-leonesa e as relacións e integración de Galicia na mesma.
Teoloxía e espiritualidad.
Andrés García Cid co seu artigo,
A Orde de San Francisco e a morte: unha introdución documental, vai máis aló da edición e comentario dun documento, para achegarnos á mentalidad da xente común e das súas inquietudes relacionadas coa morte. O medo que sentían levábaa a buscar a intermediación de San Francisco e acompañarse de obxectos franciscanos: mortajas, sepulturas conventuales,...
Francisco Buide do Real no seu texto Santiago, Francisco e os peregrinos:
espiritualidad desde o Calixtino e Giotto para o home de hoxe preséntanos como os seres humanos podemos achegarnos a Deus por camiños diversos, desde a Idade Media á actualidade, a través do simbolismo das ilustracións de Giotto ou do Códice Calixtino. En definitiva unha posta en valor do significado teolóxico da peregrinaciones desde a Idade Media ao presente.
Miguel de Mata Merayo analiza as experiencias históricas que só poden expresarse a través de narracións como o caso da
Vida Consagrada, auténtica comunidade de memoria, que, desde a autoconciencia de ser narración de Deus, intenta contar a historia de Deus desde unha reelaboración da propia historia.
A información xornalística sobre a cuestións relixiosas nos últimos anos non foi o rigorosa que debería de ser, como apunta Antonio Gutiérrez no seu artigo sobre
o caso das Mercedarias de Santiago, onde o autor aboga por unha mellor preparación dos profesionais que cobren este tipo de noticias.
Filosofía e pensamento.
Co seu artigo
Comunicación e misericordia, Martín Carbajo Núñez reflexiona sobre un dos temas que preocupa ao noso mundo, propoñendo fronte ao paradigma tecnocrático e egoísta do desenvolvemento, un novo paradigma baseado na comunicación e a misericordia: o amor social é a clave dun auténtico desenvolvemento.
Branca Recuero Ponte abre a mente dos lectores co seu artigo
O Teatro litúrgico e a iconografía de Nadal na Idade Media. A igrexa medieval utiliza as representacións e as iconografías para achegar ao pobo o misterio da Encarnación.
Omar Martínez Afasto condúcenos co seu traballo, partindo da filosofía de límite separación e enlace entre o mundo e a transcendencia- a unha análise da relación entre música e filosofía.
Memoria franciscana.
Pablo Vázquez Belo ofrece aos lectores no seu estudo,
A VOT franciscana. Estado da cuestión, fontes e posibilidades de estudo da Orde na Coruña nos séculos XVII e XVIII, as posibilidades de estudo que ofrece o Arquivo da VOT e as actividades sociais, relixiosas, caritativas, etc.,realizadas pola mesma.
"Pregarias de Paz". O Eco Franciscano ante a Primeira Guerra Mundial. Francisco J. Leira Castiñeira co seu artigo móstranos o posicionamiento da revista o
Eco Franciscano, dos franciscanos galegos, ante a Primeira guerra mundial. Un posicionamiento marcado polo Papa Benedicto XV e o espírito franciscano: o desexo de paz.
Os libros de Ovidio da biblioteca franciscana de Santiago. Fátima Pazos dános a coñecer os fondos clásicos que se conservan en San Franciscano de Santiago.
Juan Manuel Buján García
Director da revista