Ir arriba
Revista Liceo Franciscano
Búsqueda de artigos

Noticias e novidades

Presentación da 3º época do Liceo

16/10/2017

Presentación da 3º época do Liceo
O mércores 11 ás 18:00 celebrouse no convento de San Francisco, na sala Cimabue, o número 208, que inicia a terceira época da revista. A presentación estivo presidida polo Ministro Provincial da Provincia Franciscana de Santiago, Fr. José Antonio Castiñeira Chouza, o director da revista, Fr. Juan Manuel Buxán, o membro do consello de redacción e guardían do convento, Fr. Miguel de Mátaa e o secretario de redacción, Francisco Leira.
O novo número conta con trece artigos divididos en historia, arte e patrimonio; filosofía e pensamento; teoloxía e espiritualidad; e Memoria Franciscana. Conta con artigos de investigadores, estudantes, profesores de universidades de todo o territorio español e dalgúns membros do consello de redacción.

Para poder ver o seu contido é necesario estar subscrito por unha cota de 10 euros en formato digital, 40 en formato físico e 50 en formato físico e digital. Coa suscripción poderase consultar o último número de 2016 e todos os de 2017. O próximo sae en decembro deste ano.
Presentación da 3º época do Liceo Presentación da 3º época do Liceo Presentación da 3º época do Liceo Presentación da 3º época do Liceo Presentación da 3º época do Liceo

Examinar revistas

Depósito Legal: C755-2003
ISSN: 0211-4011
e-ISSN: 2530-917X
CIRC: C

Visitar web
Editorial Eco Franciscano
Provincia Franciscana de Santiago

LICEO FRANCISCANO

Somos unha revista de estudos e investigación, de carácter semestral e fundada en 1930, cuxo obxectivo principal é divulgar investigacións no ámbito das ciencias humanas e relixiosas.

CONTACTO

  • Campillo de San Francisco, 3 - 15705 Santiago de Compostela (A Coruña)
  • Teléfono: (+34) 981 58 16 00 extensión 375
  • E-mail: contacto@liceofranciscano.es

Copyright © 2017 Liceo Franciscano - Todos os dereitos reservados | Privado - Política de protección de datos - Cookies  //  Web realizada por Ikono.es

As cookies permítennos ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, acéptase o uso que facemos das cookies. ACEPTAR  pulsar aqui para máis información.