Ir arriba
Revista Liceo Franciscano
Búsqueda de artigos

Noticias e novidades

COLOQUIOS NA BIBLIOTECA FRANCISCANA DE SANTIAGO

22/11/2017

COLOQUIOS NA BIBLIOTECA FRANCISCANA DE SANTIAGO
A Biblioteca Franciscana da Provincia de Santiago organiza esta semana o seu primeiro seminario do curso. Serán uns coloquios interdisciplinares nos que nos gustaría que participasen os doutorandos e estudantes da universidade, non só como oíntes, senón especialmente como participantes, malia que para esta primeira sesión contamos con investigadores de renombre. Serán sesións de debate da que logo se poderá publicar en revista Liceo Franciscano. Revista de estudos e investigación os seus resultados. A temática será variable e gustaríanos contar con todos os investigadores, historiadores, filosofos, filologos das tres universidades galegas e que teñan certos puntos en común para poder enriquecer o noso coñecemento, base fundamental das humanidades, unha disciplina que no momento no que vivimos tórnase máis importante que nunca. En definitiva un punto de encontro onde debater, discutir e obter novos coñecementos. A temática non será exclusivamente relixiosa, senón máis ampla e inclusiva, para unir e axuntar ao maior numero de investigadores.

O título dos seminarios é As humanidades a debate. Coloquios na Biblioteca Franciscana da Provincia de Santiago.

Esta primeira sesión titúlase "Ordés relixiosas e as súas organizacións seglares. O Franciscanismo nos s. XVII-XIX a través da historia, a arte e a espiritualidad". 

Participará Domingo Luís González Lopo, profesor da Universidade de Santiago de Compostela,
Jose Manuel García Igrlesias, catedrático da Universidade de Santiago de Compostela
Fr. Miguel de Mata, profesor do Instituto Teolóxico Compostelano.

O lugar é a biblioteca do convento de San Francisco de Santiago o venres 24 de novembro ás 12. 

Examinar revistas

Depósito Legal: C755-2003
ISSN: 0211-4011
e-ISSN: 2530-917X
CIRC: C

Visitar web
Editorial Eco Franciscano
Provincia Franciscana de Santiago

LICEO FRANCISCANO

Somos unha revista de estudos e investigación, de carácter semestral e fundada en 1930, cuxo obxectivo principal é divulgar investigacións no ámbito das ciencias humanas e relixiosas.

CONTACTO

  • Campillo de San Francisco, 3 - 15705 Santiago de Compostela (A Coruña)
  • Teléfono: (+34) 981 58 16 00 extensión 375
  • E-mail: contacto@liceofranciscano.es

Copyright © 2017 Liceo Franciscano - Todos os dereitos reservados | Privado - Política de protección de datos - Cookies  //  Web realizada por Ikono.es

As cookies permítennos ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, acéptase o uso que facemos das cookies. ACEPTAR  pulsar aqui para máis información.