Noticias e novidades
06/06/2017
O Liceo Franciscano. Revista de estudos e investigación, estrea páxina web onde se poderán atopar todas as novidades da revista, así como subscribirse e comprar números soltos. O Liceo é unha das revista con maior historia de Galicia, foi fundada nos anos corenta polos estudantes de teoloxía do convento de San Francisco. Cos anos e a incansable labor de frades como Atanasio López. Samuel Eiján, Manuel Rodriguez Pazos, Hipólito Barriguín, e especialmente José García Ouro, terminouse consolidando como unha das revistas de referencia para o estudo histórico da idade media. Son 70 anos que avalan o bo facer desta revista.
Editada pola Provincia franciscana de Santiago e El Eco Franciscano, nesta terceira época queremos abrir a revista a novas disciplinas, por estamos abertos á recepción de artigos en Historia, Historia franciscana, Historia de Galicia, Teoloxía Moral e Espiritual, Teoloxía Fundamental e Dogmática pastoral, Sagradas Escrituras, Filosofía, Filosofía Moral, Ciencia das relixións, Sociología, Arte, Pedagogía das ciencias sociais e da relixión, Antropología e Ciencias xurídicas. Sempre desde un enfoque renovador, interdisciplinar e que favoreza o debate entre os especialistas. O noso obxectivo é volver ser unha revista de referencia no mundo académico galego. Con sacrificio e boa vontade conseguiremos deixar o liceo no lugar que lle corresponde e especialmente que os nosos lectores gocen coa lectura dos nosos artigos.
O listón que puxeron os nosos antecesores está moi alto, pero iso no canto de amedrentarnos, serviranos de impulso, para que o Liceo convértase nunha plataforma cultural de referencia en Galicia e España e sirva para divulgar os valores franciscanos, valores baseados na inquietude cultural e intelectual do home. Moitas grazas por seguirnos na nosa nova etapa.