Ir arriba
Revista Liceo Franciscano
Búsqueda de artigos

Noticias e novidades

Crónica da presentación do número homenaxe a Frei Hipólito Barriguín

19/06/2017

Crónica da presentación do número homenaxe a Frei Hipólito Barriguín
O luns día 12 celebrouse a presentación do número 205-207 do Liceo Franciscano, en "Homenaxe a Frei Hipólito Barriguín", último director da revista. Con este número especial péchase un ciclo, dando comezo a unha terceira etapa, dirixida por Juan Manuel Buján. Unha terceira etapa, que ten como obxectivo, como se encagó de sinalar na súa intervención: continuar o legado que nos deixaron os nosos antecesores, pero adaptándonos aos novos tempos. 

Na presentación participaron, Juan Manuel Buján, actual director da revista; a Dra. Miriam Elena Cortés, coordinadora do número; Francisco Leira, secretario de redacción; e o Ministro Provincial Fr. José Antonio Castiñeira. En primeiro lugar falou o director da revista, explicando os novos retos que estableceu o consello de redacción que el dirixe. Unha das novidades é que a revista pasará de ser cuatrimestral a semestral. Así mesmo, agradeceu a participación de todos os colaboradores/as do número, así como a súa dedicación e o agarimo que demostraron tanto ao querido Fr. Hipólito Barriguín como a unha revista case centenaria. A continuación interveu Miriam Elena Cortés, onde se explicou o contido do número, realizando un pequeno resumo dos artigos que o compoñen. Finalmente, falou o Ministro Provincial, Fr. José Antonio Castiñeira, facendo unha pequena semblanza do que significou o Fr. Hipólito para o arquivo, a divulgación cultural da provincial e a convivencia diaria con el na fraternidad franciscana.

O evento terminou cuns entrañables pinchos entre os asistentes, entre os que se atopaba os seus familiares, que mostrou o acerto da actual dirección de dedicar o último número da segunda etapa a Fr. Hipólito. Esperamos que o acto estivese á altura do homenajeado

A presentación foi cuberta polo diario La Voz de Galicia o cal poñemos o link. Tamén un artigo de opinión, en El Correo Galego, do catedrático en historia da arte e un dos autores do número, José Manuel García Igrexas, o cal poñemos o link
 
Crónica da presentación do número homenaxe a Frei Hipólito Barriguín Crónica da presentación do número homenaxe a Frei Hipólito Barriguín Crónica da presentación do número homenaxe a Frei Hipólito Barriguín Crónica da presentación do número homenaxe a Frei Hipólito Barriguín Crónica da presentación do número homenaxe a Frei Hipólito Barriguín Crónica da presentación do número homenaxe a Frei Hipólito Barriguín Crónica da presentación do número homenaxe a Frei Hipólito Barriguín Crónica da presentación do número homenaxe a Frei Hipólito Barriguín Crónica da presentación do número homenaxe a Frei Hipólito Barriguín Crónica da presentación do número homenaxe a Frei Hipólito Barriguín Crónica da presentación do número homenaxe a Frei Hipólito Barriguín Crónica da presentación do número homenaxe a Frei Hipólito Barriguín Crónica da presentación do número homenaxe a Frei Hipólito Barriguín Crónica da presentación do número homenaxe a Frei Hipólito Barriguín Crónica da presentación do número homenaxe a Frei Hipólito Barriguín Crónica da presentación do número homenaxe a Frei Hipólito Barriguín

Examinar revistas

Depósito Legal: C755-2003
ISSN: 0211-4011
e-ISSN: 2530-917X
CIRC: C

Visitar web
Editorial Eco Franciscano
Provincia Franciscana de Santiago

LICEO FRANCISCANO

Somos unha revista de estudos e investigación, de carácter semestral e fundada en 1930, cuxo obxectivo principal é divulgar investigacións no ámbito das ciencias humanas e relixiosas.

CONTACTO

  • Campillo de San Francisco, 3 - 15705 Santiago de Compostela (A Coruña)
  • Teléfono: (+34) 981 58 16 00 extensión 375
  • E-mail: contacto@liceofranciscano.es

Copyright © 2017 Liceo Franciscano - Todos os dereitos reservados | Privado - Política de protección de datos - Cookies  //  Web realizada por Ikono.es

As cookies permítennos ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, acéptase o uso que facemos das cookies. ACEPTAR  pulsar aqui para máis información.