O luns día 12 celebrouse a
presentación do número 205-207 do Liceo Franciscano, en "Homenaxe a Frei Hipólito Barriguín", último director da revista. Con este número especial péchase un ciclo, dando comezo a unha
terceira etapa, dirixida por Juan Manuel Buján. Unha terceira etapa, que ten como obxectivo, como se encagó de sinalar na súa intervención: continuar o legado que nos deixaron os nosos antecesores, pero adaptándonos aos novos tempos.
Na presentación participaron, Juan Manuel Buján, actual director da revista; a Dra. Miriam Elena Cortés, coordinadora do número; Francisco Leira, secretario de redacción; e o Ministro Provincial Fr. José Antonio Castiñeira. En primeiro lugar falou o director da revista, explicando os novos retos que estableceu o consello de redacción que el dirixe. Unha das novidades é que a revista pasará de ser cuatrimestral a semestral. Así mesmo, agradeceu a participación de todos os colaboradores/as do número, así como a súa dedicación e o agarimo que demostraron tanto ao querido Fr. Hipólito Barriguín como a unha revista case centenaria. A continuación interveu Miriam Elena Cortés, onde se explicou o contido do número, realizando un pequeno resumo dos artigos que o compoñen. Finalmente, falou o Ministro Provincial, Fr. José Antonio Castiñeira, facendo unha pequena semblanza do que significou o Fr. Hipólito para o arquivo, a divulgación cultural da provincial e a convivencia diaria con el na fraternidad franciscana.
O evento terminou cuns entrañables pinchos entre os asistentes, entre os que se atopaba os seus familiares, que mostrou o acerto da actual dirección de dedicar o último número da segunda etapa a Fr. Hipólito. Esperamos que o acto estivese á altura do homenajeado
A presentación foi cuberta polo diario
La Voz de Galicia o cal poñemos o
link. Tamén un artigo de opinión, en
El Correo Galego, do catedrático en historia da arte e un dos autores do número, José Manuel García Igrexas, o cal poñemos o link